1. Início
  2. Artigos
  3. Libros
  4. PEQUENO ÁLBUM DE NOVA YORK EN INVERNO (Berta Dávila e Carlos Meixide)

PEQUENO ÁLBUM DE NOVA YORK EN INVERNO (Berta Dávila e Carlos Meixide)

15,00 €
Partilhar

Dous turistas tiran fotos, ámanse, descobren xuntos a cidade, ven caer a neve, deixan o seu rastro sobre ela, escriben e debuxan, pasean polas rúas e polos museos e visitan librerías infinitas na procura das edicións norteamericanas dos seus libros favoritos. Conversan sobre literatura e sobre cine, fan memoria sobre a súa propia historia e pensan no futuro. Deciden que se cadra estaría ben, e que se cadra sería posible, converterse en pequenos editores. 

Pequeno álbum de Nova York en inverno é un libro de debuxos da viaxe que serviu de sementeira para o proxecto Rodolfo e Priscila, editora indecisa. É a carta de presentación do que hoxe é un desexo cumprido e conta unha historia de amor atravesada pola panorámica íntima dunha das cidades máis apaixonantes do mundo.

Carrinho

    O seu carrinho está vazio

    Também pode gostar