1. Início
  2. Artigos
  3. Libros
  4. CONTO AO CARÓN DO RÍO (Oihane Amantegi)

CONTO AO CARÓN DO RÍO (Oihane Amantegi)

17,00 €
Partilhar

Conto ao carón do río é o sorprendente debut na narrativa de Oihane Amantegi, unha nouvelle con feitura de conto traducida ao galego desde o éuscaro por Isaac Xubín. 

Situada nun lugar remoto de Xeorxia, ao sur dos Estados Unidos, a autora constrúe neste libro un relato atemporal sobre a construción do recordo, o loito e as ausencias, atravesado pola ollada infantil dunha voz narrativa evocadora e persoal.

A familia e a casa, o mel e a colmea, o soño e a simetría ou as mitoloxías da morte son os vimbios que dan forma a un universo simbólico fértil e inquedante como a beira do río Ochlockonee, que asexa detrás de cada páxina e mergulla a quen le nunha atmosfera magnética.

Carrinho

    O seu carrinho está vazio

    Também pode gostar