1. Início
  2. Artigos
  3. Libros
  4. BO DÍA, TRISTEZA (Françoise Sagan)

BO DÍA, TRISTEZA (Françoise Sagan)

18,00 €
Partilhar

Bo día, tristeza é a novela coa que Françoise Sagan debutou na narrativa en 1954, cando a autora tiña só dezaoito anos. O seu éxito fulgurante, e tamén o escándalo que acompañou a publicación, contribuíron a convertela nunha novela de culto, traducida a ducias de linguas e levada ao cine por Otto Preminger.

A adolescente Cécile e o seu pai Raymond -un viúvo de corenta anos alegre e vividor- pasan xuntos as vacacións de verán nunha fermosa casa da Costa Azul francesa. Cécile entrégase por completo á vida ociosa e despreocupada do pai, chea de praceres, compañías frívolas e diversións que parecen non ter fin ata a chegada da xuizosa e intelixente Anne -vella amiga da familia- coa que Raymond se compromete en matrimonio inesperadamentte. Pero Cécile non está disposta a que a presenza de Anne cuestione a súa forma de vida e traza un plan de tráxicas consecuencias. 

Carrinho

    O seu carrinho está vazio

    Também pode gostar