1. Início
  2. Artigos
  3. Libros
  4. AS MIÑAS ESTÚPIDAS IDEAS (Bernardo Zannoni)

AS MIÑAS ESTÚPIDAS IDEAS (Bernardo Zannoni)

19,50 €
Partilhar

Archy é unha garduña. Naceu unha noite de inverno nunha tobeira escura, canda os seus irmáns. A seu pai matouno o home, e súa nai ten que criar soa a camada nun bosque cheo de perigos. 

Os animais deste libro sentan á mesa para comer, dormen en camas e acenden o lume cando teñen frío, pero o seu destino réxese polas leis da natureza: Archy fica ferido despois de intentar roubar un niño de xílgaros e, a causa da súa debilidade, a nai véndeo por unha galiña e media. O novo dono de Archy é un vello raposo. Con el, Archy aprende a ler e a escribir, descobre a morte e a Deus. Aguilloado por novos desexos e misterios, a súa conduta torna cada vez máis humana, aínda que atrapada polo instinto animal. 

Velaquí unha escritura en estado de graza, unha novela atemporal, un clásico instantáneo que ofrece a quen le unha nova perspectiva sobre a existencia, coma se un atribulado personaxe de Camus protagonizase unha película de Pixar.

Carrinho

    O seu carrinho está vazio

    Também pode gostar